viernes, 7 de enero de 2011

Os luns lemos o xornal

Grazas á nosa participación no programa Voz Natura , todos os luns recibimos o xornal no cole. Así imos descubrindo o que é un xornal, que seccións ten, de que falan as noticias...

Falan de xente que está enamorada.

Falan das nevadas que cubriron Galicia porque facía moito , moito frío.

Hai mapas que falan do tempo que imos ter e no que vemos o lugar onde nos vivimos.


Os luns descubrimos que no xornal hai un montón de cousas para aprender.

No hay comentarios:

Publicar un comentario