Debuxamos a nosa Xaciasobre cartolina e lle damos cor á parte de muller. Despois completamos a cola con papeis de cores e facemos un fondo con acuarela:
E vemos e analizamos as ilustracións doutro libro que temos na biblioBN:
Aprendemos máis sobre Frida neste vídeo:
Frida pintou moitos autorretratos ao longo da súa vida, nos que expresaba as súas emocións e sentimentos, a dor e o bo da vida ... agora retratámola nós...
Completamos o debuxo reciclando unha tea das flores que tanto lle gustaban e facéndolle unhas xoias con papel de seda:
Na aula de 3, polo Nadal, puxemos a rolar as canicas con cores destas datas. Unha vez seca a témpera pegamos os adornos que fixeramos reciclando papeis.