Mostrando entradas con la etiqueta Japón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Japón. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de mayo de 2012

Exposición de Xapón

A pasada semana compartimos cos compañeiros das outras aulas todo o que aprendimos sobre o Xapón e os seus bosques.
Esta é a presentación que empregamos para contar o aprendido.


martes, 1 de mayo de 2012

Primavera no sol nacente

Non perdades este fermoso vídeo de RTVE sobre a celebración en Xapón do Hanami , os xaponeses reciben a primavera contemplado as cerdeiras en flor.  


                                   

domingo, 18 de marzo de 2012

Investigamos en familia

Como xa sabedes a nosa clase tocoulle investigar sobre os bosques do Xapón, vai uns días levamos a casa unha nota para buscar, en familia, datos sobre este tema.
Aquí tedes o maravilloso traballo que estades levando a cabo xuntos.
Grazas pola colaboración, entusiasmo e imaxinación!!!  



viernes, 9 de marzo de 2012

Aquí está Xapón

Hoxe colocamos no mapa mundi da entrada a bandeira e o nome do Xapón para que todos os da escola saiban onde está.

 

miércoles, 7 de marzo de 2012

Detectives polo Mundo

O martes recibimos esta nota que nos convida a xogar a Detectives no Xapón.


 Pensamos que deberíamos buscar na nosa bola do mundo e no mapa, pero despois dun bo rato non atopamos nada. Ao subir á biblioteca polo punto de Snoopy, atopamos un cartel con bandeiras e alí estaba a do Xapón, tamén atopamos uns folletos  cunha páxina adicada ás comidas deste país.
De volta na aula pensamos en buscar en internet para localizar este país, coa axuda do localizador resultounos moi fácil atopalo na bola e no mapa.