Mostrando entradas con la etiqueta Arte Galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arte Galega. Mostrar todas las entradas

sábado, 16 de junio de 2018

Acríco sobre tabliña enteada

Pintamos con acrílico un fondo mariño na tabliña. Debuxamos e recortamos, nun cartón, un promontorio que tamén pintamos con acrílico. Por último pintamos as torres de Hércules impresas en 3D:


Completamos engadindo unhas ondas de puntilla e blondas de papel:








domingo, 6 de mayo de 2018

Debuxando con carbón

Na visita que fixemos á exposición de Jorge CastilloLaura explicóunos o uso do carbón nunha das súas obras:


 Xa na escola experimentamos con él:




Día das Artes Galegas: Alejandro de la Sota

Despois de coñecer os grandes eixos da súa obra, achegámonos a ela dando cor e paseando nun dos seus edificios máis emblemáticos:




sábado, 21 de abril de 2018

Bestiario de Galicia: Urbano Lugrís


E chegou o turno da balea de Urbano Lugrís. Damos cor ao noso mar con acuerala e despois pegamos a figura da balea impresa en 3D:



viernes, 16 de febrero de 2018

domingo, 11 de febrero de 2018

Bestiario de Galicia: Jorge Cabezas

Achegámonos aos lenzos de sardiñas do pintor coruñés  Jorge Cabezas:


E recreamos as nosas pintando tiras de cartón con ceras brandas:


Cortamos papeis de cores para a cabeza e a cola:


Completamos cun botón para o ollo:





jueves, 25 de enero de 2018

Arte Galega: Trisquel

Grazas ao deseño 100hex de Camcar imprimimos un molde co que perfilar o noso trisquel. 
Axudámonos de pasta de modelar branca e un paliño.
Unha vez seco démoslle cor con acrílico e esponxa.



miércoles, 24 de enero de 2018

Arte Galega: Torque

Imprimimos en branco o torque que nos acompaña desde setembro para identificar a Historia do noso país:


Dámoslle cor cun acrílico amarelo óxido de ferro.



Forramos un anaco de cartón con papel de seda marrón e pegámolo enriba:



domingo, 21 de enero de 2018

Bestiario de Galicia : Manuel Moldes

Homenaxeamos a Manuel Moldes achegándonos a súa obra, na que identificamos símbolos e paisaxes de Galicia, e traballando coa súa obra "Ao galope"(1983)



Montamos nos seus cabalos, aos que damos cor con témperas flúor e poñemos  lá nas súas crinas:



viernes, 19 de enero de 2018

Bestiario de Galicia: Petroglifo de As Neves

Nunha xuntanza na biblioBN descubrimos os cabalos do petroglifo en As Neves que a vaga de incendios do mes de outubro deixou ao descuberto.


Destacamos as figuras representadas con ceras brandas e rematamos cunha augada de acuarela:




 


miércoles, 17 de enero de 2018

Bestiario de Galicia: Castelao

Tras achegarnos á figura de Castelao e aos seus debuxos de animais, seleccionamos o porco poque no Entroido vai ter un protagonismo moi especial.

Damos un fondo cunha paletina multi-pincel:


e sobre él pegamos as figuras de Castelao impresas en folios de cores.
Aula de 3:



 
 

domingo, 22 de octubre de 2017

viernes, 22 de septiembre de 2017

Bestiario de Galicia: Eugenio Granell

Tras a presentación na biblioBN, arrancamos co traballo do Bestiario de Galicia da man de Eugenio Granell:

Serpe da Illa de Arousa


Repasamos, con marcadores flúor, as liñas do debuxo e damos cor con acuarela: