Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de mayo de 2016

Don Quixote na aula de 3 anos

Para celebrar o Día do Libro, na aula de 3 recreamos a loita de Don Quixote contra os muíños.
Facemos os muíños cunha pincelada de purpurina en xel. Unha vez seco trazamos as aspas, debuxamos o sol e pegamos as figuras do Quixote e Sancho de Picasso.






miércoles, 2 de abril de 2014

Día do Libro

Hoxe celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil na biblioBN , despois na aula ilustramos ...
Para aprender mucho los hijos y para los mayores ...











martes, 1 de mayo de 2012

Contacontos

Na páxina da biblioteca tedes o resumo das lecturas con que nos agasallaron Lorena e Noe, mamá de Hugo e irmá de Emma respectivamente.

CONTÍN CONTÓN

LA GRAN AVENTURA DE WINNIE THE POOH

jueves, 26 de abril de 2012

lunes, 2 de abril de 2012

sábado, 30 de abril de 2011

MAMÁ CONTACONTOS

O VENRES A MAMÁ DE SARA VEU Á ESCOLA A CONTARNOS O CONTO FAVORITO DA SÚA FILLA.
MOITAS GRAZAS POLO TEU TEMPO E DEDICACIÓN!!!



miércoles, 20 de abril de 2011

ANDERSEN EN FAMILIA

Como xa sabedes estes días estivemos a traballar os contos de Andersen, tamén o fixemos en familia.
Levamos para casa unha plantilla na que escribimos, debuxamos, coloreamos...con axuda da nosa familia achegámonos un pouco mais aos contos de Andersen.Tamén levamos á escola libros de Andersen que atopamos pola casa, algún era dos papás cando eran nenos!
Cos libros e os nosos textos e debuxos fixemos esta exposición na entrada do cole.





martes, 19 de abril de 2011

PAPÁ CONTACONTOS

TAMÉN OS PAPÁS SE ANIMAN A CONTAR CONTOS DE ANDERSEN. 
O VENRES O PAPÁ DE SOFÍA CONTOUNOS  "LA PRINCESA Y EL GUISANTE" 
E "O REÍSEÑOR".
GRAZAS POR ADICARNOS O TEU TEMPO!!!




domingo, 10 de abril de 2011

A FESTA DOS CONTOS

COMO XA SABEDES NESTA SEMANA ESTIVEMOS A CELEBRAR O"DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL".
COMO REMATE DO TRABALLO CADA CLASE PREPAROU UN CONTO DE ANDERSEN PARA CONTARLLO AOS DEMAIS.
A CLASE DE 4 ANOS PREPAROU "O SOLDADIÑO DE CHUMBO". CON DEBUXOS FEITOS POLOS NENOS A PROFE MARÍA MONTOU UN CONTO DESPLEGABLE QUE SAÍA DUNHA CAIXA.
OS DA CLASE DE 5 ANOS, AXUDADOS POLA PROFE CLOTI, MONTARON NA PIZARRA DIXITAL "POLGARIÑA"COS SEUS DEBUXOS E AS SÚAS VOCES .
E NÓS OS DE 3 REPRESENTAMOS "A PRINCESA E O CHÍCHARO" GRAZAS ÁS FIGURAS DE PLASTILINA QUE FIXO A MAMÁ DE NICOLÁS. O DECORADO ERA UNHA CAIXA DE CARTÓN PREPARADA PARA A OCASIÓN E OS NENOS E NENAS FIXERON OS EFECTOS SONOROS DURANTE A REPRESENTACIÓN.
AO FINAL OBSEQUIAMOS AOS NOSOS COMPAÑEIROS E AOS MESTRES COA "RECEITA PARA RECOÑECER A UNHA PRINCESA DE VERDADE" .


jueves, 7 de abril de 2011

Visita á Biblioteca

HOXE VISITAMOS A BIBLIOTECA "MIGUEL SANDE" PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO.
ALÍ NOS CONTARON TRES CONTOS FANTÁSTICOS: "BUUUU", "UN CUÍÑO INDEPENDENTE" E "NIÑOS VALIENTES".
GUSTOUNOS MOITO E PASAMOS UN RATO MOI DIVERTIDO. DECORAMOS UN ANTEFACE ENTRE TODOS PARA LEVALO Á CLASE COMO AGASALLO.





miércoles, 6 de abril de 2011

MAMÁ CONTACONTOS



HOXE A MAMÁ DE NAYELI CONTOUNOS O CONTO "O PATIÑO FEO" ,DENTRO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO INFANTIL.
GUSTOUNOS MOITO QUE UNHA MAMÁ VIÑERA LERNOS UN CONTO.
GRAZAS!!!


martes, 5 de abril de 2011

Ler contos pola noite


Este maravilloso album fala da importancia
que os nosos nenos e nenas dan ao feito de
ler un libro todas as noites.
Neste Mes do Libro paga a pena ver este VIDEO