domingo, 10 de abril de 2011

A FESTA DOS CONTOS

COMO XA SABEDES NESTA SEMANA ESTIVEMOS A CELEBRAR O"DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL".
COMO REMATE DO TRABALLO CADA CLASE PREPAROU UN CONTO DE ANDERSEN PARA CONTARLLO AOS DEMAIS.
A CLASE DE 4 ANOS PREPAROU "O SOLDADIÑO DE CHUMBO". CON DEBUXOS FEITOS POLOS NENOS A PROFE MARÍA MONTOU UN CONTO DESPLEGABLE QUE SAÍA DUNHA CAIXA.
OS DA CLASE DE 5 ANOS, AXUDADOS POLA PROFE CLOTI, MONTARON NA PIZARRA DIXITAL "POLGARIÑA"COS SEUS DEBUXOS E AS SÚAS VOCES .
E NÓS OS DE 3 REPRESENTAMOS "A PRINCESA E O CHÍCHARO" GRAZAS ÁS FIGURAS DE PLASTILINA QUE FIXO A MAMÁ DE NICOLÁS. O DECORADO ERA UNHA CAIXA DE CARTÓN PREPARADA PARA A OCASIÓN E OS NENOS E NENAS FIXERON OS EFECTOS SONOROS DURANTE A REPRESENTACIÓN.
AO FINAL OBSEQUIAMOS AOS NOSOS COMPAÑEIROS E AOS MESTRES COA "RECEITA PARA RECOÑECER A UNHA PRINCESA DE VERDADE" .


No hay comentarios:

Publicar un comentario