Mostrando entradas con la etiqueta Investigar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Investigar. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de octubre de 2013

Varan 22 caldeiróns na costa galega

Traballamos as noticias aparecidas nos xornais estes días sobre o tema.
Buscamos as seccións donde aparecen e as palabras clave que nos axudan a entender o acontecido.







Para saber máis dos caldeiróns ...


lunes, 7 de octubre de 2013

Por que o mar é salgado?

Hoxe o baúl trouxo un libro de lendas e preguntámonos que é unha lenda? e Adrián dixo que "era algo moi antigo, de hai moito tempo, doutro século..."
Con esta información abordamos a lectura deste fermoso libro : "Leyendas del Mar" publicado polo Aquarium Finisterrae.
Empezamos pola última : "Por que o mar é salgado?".



A lenda é moi fermosa pero cremos que esa non é a realidade. Intuimos que as lendas teñen unha parte de ficción que foi pasando duns a outros e que servían para explicar aquelas cousas que non se podían demostrar.

Hoxe en día xa temos unha explicación científica para a salinidade do mar


Ler Aquí

domingo, 14 de abril de 2013

Sara Informa

Sara tivo unhas vacacións de Semana Santa moi prehistóricas. Informóunos de que todo o que viu por Galiza adiante.






jueves, 14 de marzo de 2013

Pedimos axuda aos nenos de Quintela

Como sabiamos que os nenos e nenas do CEIP Quintela (Moaña-Pontevedra) andaban a traballar a evolución, lles escribimos un correo para que nos axudaran a atopar o homínido que nos falta.

Ver aquí a súa resposta
Lendo seu correo :


Vendo o vídeo que nos enviaron :


Buscamos na biblio o libro que nos recomendaban e como non o temos imos pedir que o compren.




Dándolles as grazas pola súa axuda:

viernes, 22 de febrero de 2013

Danza Ritual

Seguimos as pistas que nos deixa a biblioBN para atopar unha fermosa pintura rupestre : Danza Ritual  que pertence ao conxunto arqueolóxico da Roca dels Moros en Cogul (Lleida).

domingo, 17 de febrero de 2013

Enerxía Eólica

Empezamos a traballar as enerxías renovables dentro do proxecto BTS.
Primeiro coñecemos o que é a enerxía e os distintos tipos a través desta actividade LIM


A Enerxía-Nela Abella

Rexistramos parte do aprendido



Aprendemos sobre a enerxía eólica partindo do traballo da viñeta de Pinto & Chinto 




viernes, 15 de febrero de 2013

Tomámoslle a medida ao Sapiens e o Neadertal

Seguindo co traballo que iniciamos onte sobre o Sapiens e o Neandertal , hoxe lles tomamos as medidas para ver cal deles era máis alto. Empregamos as láminas da Enciclopedia Británica que nos facilitan unha escala  para facer a conversión a centímetros.


Unha vez realizada a conversión e sumados os centímetros, comprobamos que o Homo Sapiens era máis alto porque xa andaba totalmente dereito.
Levamos as medidas ao noso panel evolutivo. Temos que usar varios metros para conseguir as medidas necesarias : 170 e 180 cms.



Unha vez colocadas as medidas, completamos a árbore evolutiva coa imaxe do Homo Sapiens . Temos que colocala no máis alto por ser o máis evolucionado.
Despois comprobamos que nos queda un espazo libre polo que debemos investigar que homínido falta.