Os catro grupos de traballo cooperativo deseñaron unha composición utilizando as catro figuras xeométricas indicadas. Despois executaron a composición seleccionando as figuras entre diferentes materiais.
Nas agrupacións internivel, e co fin de coñecernos, empregamos a Tea de Araña. Ao tempo que nos presentamos e decimos o que máis nos gusta, tecemos unha tea de araña que temos que soster entre todos para que non caia, todos contamos !!!