Mostrando entradas con la etiqueta Auga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Auga. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de febrero de 2013

miércoles, 26 de septiembre de 2012

El Balandrito

Retomamos a actividade do cadro de Sorolla que o "Ábrete Libro" deixou no mes de xuño.
Recreamos o cadro encolando papel , que unha vez seco pintamos con témpera e vernizamos. Despois coloreamos a figura do neno co barco e pegámola no mar.

                    





miércoles, 11 de abril de 2012

O Merlo Rieiro

Hoxe, grazas á axuda de Verónica e Manuel, coñecimos ao Merlo Rieiro que nos levou a dar unha volta polo río Mandeo e con él aprendemos un montón de cousas sobre a auga, os ríos, os habitantes dos ríos, os usos da auga e a necesidade de facer un consumo responsable desta e protexer os seus ecosistemas.
Esta á unha iniciativa do Proxecto Mandeo e as unidades didácticas que desenvolve.



lunes, 9 de abril de 2012

Fantasías de Lugrís

 Este é o caderno que levamos cos traballos arredor da obra de Urbano Lugrís.




                         

viernes, 2 de diciembre de 2011

Un mar de sal

        Hoxe rematamos o noso fondo mariño feito con sal de cores.


                                                          VER AQUÍ O PROCESO

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Un Mar de Medusas

                Estas son as Medusas que fixemos recreando a Lugrís.








                                      VER AQUÍ O PROCESO

Desfacendo un feitizo

           "Desfaráse por fin o engado que me ten aquí atrapada 
        (....)
        se esta historia incrible,
        da maneira que mellor saiba
        e polos medios que fosen,
        alguén é quen de contala."

                                      


Esta é a historia do feitizo da serea do cadro de Lugrís que nos conta o libro de Yolanda Castaño. 
Nós , como Lugrís , decidimos debuxala para así desfacer o engado.






          "Así foi que finalmente non houbo quedar sen contar
           a bela historia da serea
           que por fin se puido salvar.
           Pero a esta beira do lenzo
           o tesouro máis valioso
           é que sempre haberá
           quen con cadros,fotos,poemas
           ou facendo música ó cantar,
           de mil fermosas maneiras,outras historias poderá contar."


                                            "Mariña Surrealista" Yolanda Castaño








                 MIRADE AQUÍ PARA VER OS NOSOS DEBUXOS

jueves, 9 de junio de 2011

MENSAXE NUNHA BOTELLA

HOXE CANDO ENTRAMOS NA ESCOLA ATOPAMOS UNHA BOTELLA CUNHA MENSAXE.
A ETIQUETA TRAÍA AS LETRAS UN POUCO BORRADAS, PORQUE SE MOLLARON!!!
CANDO LIMOS A CARTA VIMOS QUE A ESCRIBÍA A SEÑORA AUGA ,QUEN NOS CONTOU QUE CANSADA DE QUE A TRATEN TAN MAL, MARCHOU AO MUSEO DE BELAS ARTES A DESCANSAR.
PEDIUNOS UNHA MISIÓN SECRETA!!!
QUE A VAIAMOS A BUSCAR NOS CADROS DO MUSEO!!!
MAÑÁ LEVREMOS A CABO A NOSA MISIÓN!!!


miércoles, 8 de junio de 2011

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

HOXE CONMEMORAMOS ESTE DÍA TRABALLANDO AS NOTICIAS DO XORNAL.                        
QUE É UN OCÉANO?
BUSCANDO NO GLOBO TERRÁQUEO VEMOS QUE É "MOITA AUGA" E QUE TEN MAIS AUGA QUE OS MARES.
TAMÉN COMPROBAMOS QUE NO GLOBO HAI MAIS AUGA QUE TERRA.
FALAMOS DE QUE ESTE DÍA CHAMA Á REFLEXIÓN SOBRE O DEBER QUE TODOS TEMOS DE COIDAR OS OCÉANOS E A VIDA QUE HAI NELES.
APROVEITAMOS PARA BUSCAR O NOME DOS OCÉANOS MAIS IMPORTANTES E DESCUBRIR COMO SE CHAMA NO QUE NOS BAÑAMOS.
TAMÉN APROVEITAMOS PARA AFONDAR NO TRABALLO COAS NOTICIAS DO XORNAL.

                            

jueves, 2 de junio de 2011

FILTRAMOS A AUGA

NO EXPERIMENTO DESTE XOVES FILTRAMOS AUGA EMPREGANDO MATERIAIS QUE ATOPAMOS NO PATIO E NO BOTIQUÍN.
OBTVEMOS AUGA LIMPIA AO FILTRAR AUGA CON TERRA.
XA SABEMOS QUE A AUGA QUE SAE POLA BILLA ESTÁ FILTRADA PREVIAMENTE.

                            

LITROS

XA SABEDES QUE VAI DÍAS COMPROBAMOS QUE PARA MEDIR A AUGA NECESITABAMOS UNHA MEDIDA QUE ERA O LITRO.
HOXE ESTIVEMOS BUSCANDO NOS FOLLETOS COMERCIAS OS LÍQUIDOS QUE SE MIDEN EN LITROS.


                            

miércoles, 1 de junio de 2011

EXPOSICIÓN VOZ NATURA

XA ESTÁ LISTA A EXPOSICIÓN DO COLE PARA A FESTA FIN DE CURSO DE VOZ NATURA.
GRAZAS A TODOS POLOS VOSOS TRABALLOS, ESFORZO E COLABORACIÓN.
A CONTINUACIÓN TEDES AS FOTOS DA MONTAXE QUE FIXEMOS HOXE.

                             

martes, 31 de mayo de 2011

PREPARANDO A EXPOSICIÓN DE VOZ NATURA

XA EMPEZARON A CHEGAR AS CAIXAS DO PEIXE  "KASSUNGUILÁ"
QUE ESTADES A PREPAR NA CASA PARA A EXPOSICIÓN DE VOZ NATURA.
GRAZAS A TODOS  POLO VOSO FANTÁSICO TRABALLO.

                           

jueves, 26 de mayo de 2011

MEDIMOS A AUGA

Seguimos a voltas coa Auga , agora queremos saber como medila.Na escola xa medimos moitas cousas co metro , pero a auga non a podemos medir co metro.
-Se caería toda- di Emma
Chegamos á conclusión de que teríamos que metela nun recipiente para poder medila.
Vemos na etiqueta dunha botella que ten 1,5 L, a medida da auga que ten a botella.
Imos ver canto é un LITRO, que según onde o poñamos parece mais ou menos cantidade, aínda que sempre é un litro.

                             

martes, 24 de mayo de 2011

sábado, 14 de mayo de 2011

OS ESTADOS DA AUGA

O mércores levamos para casa unha bolsa para facer xeo botándolle auga da billa eb estado LÍQUIDO. Ao día seguinte levamos a escola o xeo e comprobamos que a auga tamén pode estar dura, en estado SÓLIDO.Tocamos o xeo e o sentimos moi frío .Despois xuntamos todo o xeo que trouxéramos e o colocamos nas carretas a derreter. Parte do xeo o quentamos e vimos que saía un fume que se chama vapor,é o estado GASOSO.

                             

viernes, 13 de mayo de 2011

PEIXE AGULLA DE DÚAS CABEZAS

O día  que visitamos o Acuario apareceu no xornal a noticia do nacemento, neste acuario,  dun peixe agulla de dúas cabezas. Vimos que non era algo raro, traballamos a noticia e moldeamos o noso peixe. 

   
                              

miércoles, 11 de mayo de 2011

INSTRUCIÓNS

Como sabedes na escola traballamos no achegamento e coñecemento de todas as tipoloxías textuais, hoxe por primeira vez tivemos diante un texto con instrucións.
Dentro do proxecto "Mollámonos coa Auga" estamos a coñecer os diferentes estados da auga, para coñecer o estado sólido hoxe  levamos a casa unha bolsa para facer cubiños de xeo. Na clase , previamente, vimos a bolsa e aprendimos a ler as instrucións, cada número (do 1 ao 4 ) indica o que temos que facer en cada momento.
Que fácil é si un sigue as instrucións!
Mañá veremos si fixemos unha lectura correcta.