Como sabedes na escola traballamos no achegamento e coñecemento de todas as tipoloxías textuais, hoxe por primeira vez tivemos diante un texto con instrucións.
Dentro do proxecto "Mollámonos coa Auga" estamos a coñecer os diferentes estados da auga, para coñecer o estado sólido hoxe levamos a casa unha bolsa para facer cubiños de xeo. Na clase , previamente, vimos a bolsa e aprendimos a ler as instrucións, cada número (do 1 ao 4 ) indica o que temos que facer en cada momento.
Que fácil é si un sigue as instrucións!
Mañá veremos si fixemos unha lectura correcta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario