viernes, 15 de febrero de 2013

Tomámoslle a medida ao Sapiens e o Neadertal

Seguindo co traballo que iniciamos onte sobre o Sapiens e o Neandertal , hoxe lles tomamos as medidas para ver cal deles era máis alto. Empregamos as láminas da Enciclopedia Británica que nos facilitan unha escala  para facer a conversión a centímetros.


Unha vez realizada a conversión e sumados os centímetros, comprobamos que o Homo Sapiens era máis alto porque xa andaba totalmente dereito.
Levamos as medidas ao noso panel evolutivo. Temos que usar varios metros para conseguir as medidas necesarias : 170 e 180 cms.



Unha vez colocadas as medidas, completamos a árbore evolutiva coa imaxe do Homo Sapiens . Temos que colocala no máis alto por ser o máis evolucionado.
Despois comprobamos que nos queda un espazo libre polo que debemos investigar que homínido falta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario