viernes, 7 de enero de 2011

Cen por cen Seoane



Antes das vacacións de Nadal fixemos unha visita á Fundación Caixa Galicia na Coruña para ver a exposición "Cen por Cen Seoane" que conmemora o centenario deste maravilloso e polifacético artista.
Para preparar a visita aprendimos a técnica do grabado con linóleo que tan ben empregou Seoane. Con esta técnica fixemos un grabado dun polbo que levamos o día da saída.
Na Fundación fixéronnos unha maravillosa visita guiada na que nos contaron un conto sobre a vida e obra de Luis Seoane. Despois fixemos un taller de pintura e estampado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario