miércoles, 19 de enero de 2011

Nós e a Auga

Pedímoslles ás familias que trouxeran á escola unha foto dos nenos e nenas na que aparecesen en contacto coa auga, as profes tamén trouxemos fotos de cando éramos pequenas.
Aquí podemos ver que precisamos da auga na nosa vida diaria para facer un montón de cousas, algunhas moi necesarias e outras moi divertidas.



Despedindo a Ariadna

Este martes despedimos á profe Ariadna, que estivo con nós desde primeiros de curso. A ela desexámoslle o mellor no seu novo destino e que non se olvide dos nenos e nenas de Barrionovo.




domingo, 16 de enero de 2011

Auga de cores

Dentro do proxecto "Mollámonos coa auga" esta semana traballamos a cor da auga e experimentamos como facer auga de cores.


Familias con moita Arte

Para adornar a escola no tempo de Nadal mandamos às casas unhas plantillas cunha Zambomba para que toda a familia as decorara, mirade a arte que se gastan.





sábado, 15 de enero de 2011

Nadal

Mudamos de Barrio

No mes de decembro dixemos ata logo ao cole vello e mudamos a uns módulos prefabricados para que nos fagan un cole novo.
Aquí tedes as fotos do último día e as da clase que atopamos no"Novo Barrio".

viernes, 7 de enero de 2011

Cen por cen Seoane



Antes das vacacións de Nadal fixemos unha visita á Fundación Caixa Galicia na Coruña para ver a exposición "Cen por Cen Seoane" que conmemora o centenario deste maravilloso e polifacético artista.
Para preparar a visita aprendimos a técnica do grabado con linóleo que tan ben empregou Seoane. Con esta técnica fixemos un grabado dun polbo que levamos o día da saída.
Na Fundación fixéronnos unha maravillosa visita guiada na que nos contaron un conto sobre a vida e obra de Luis Seoane. Despois fixemos un taller de pintura e estampado.