Grazas á nosa participación no programa Voz Natura , todos os luns recibimos o xornal no cole. Así imos descubrindo o que é un xornal, que seccións ten, de que falan as noticias...
viernes, 7 de enero de 2011
miércoles, 5 de enero de 2011
Magosto
Polo magosto pasámolo fenomenal.Empezamolo día comendo o estupendo biscoito que nos fixo a mamá de Camilo, despois todos xuntos escoitamos o conto de "Dona Carme" e finalmente comimos as castañas nuns vasiños que as nosas familias nos axudaron a decorar. Ah! tamén probamos unhas deliciosasa trufas de castaña e bailamos e cantamos.
Mollámonos coa auga
martes, 4 de enero de 2011
Samaín
Para celebrar o Samaín en cada clase escollimos un conto sobre o que traballamos facendo adornos, máscaras...Así convertímonos na Clase dos Bandidos .
Por suposto valeiramos a cabaza que trouxo Nicolás e colocámola coas que trouxeron preparadas Adrián e Carla.
Durante a festa cada clase contou o conto escollido e despois cantamos e bailamos a canción do Samaín que aprendimos na clase de música.
Tamén tivemos tempo para comer unhas chuches de cabaza.
Tempo de ler
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


