Na clase de TICS ,con Aida, andamos a iniciarnos na técnica da Stop Motion.
Para facer a nosa animación decidimos empregar sementes e o primeiro paso foi decidir que figura queriamos animar. Nunha reñida votación a encargada tivo que facer uso do seu voto de calidade e decantou a elección na ESPIRAL (por que será?).
Lembrade que alá polo mes de novembro a biblioteca informounos que no Festival de Stop Motion de Brasil varias curtas galegas resultaron premiadas. Algunhas delas, máis os libros que as inspiraron, están na nosa biblioteca.
SEGUIREMOS INFORMANDO
No hay comentarios:
Publicar un comentario