Subimos á biblioBN para coñecer a Mondrián. A última etapa deste artista lembra os trazados dos planos sobre os que andamos a traballar.
Tras ver as presentacións da súa obra, buscamos as figuras e as cores dos bloques lóxicos que aparecen.
Observamos que :
"Pinta cadrados e rectángulos brancos, vermello, azuis e amarelos."
"Pinta liñas negras que son para colocar as formas."
Recoñecemos as formas e colocámolas deixando as liñas negras.
"Reproducimos a obra de Mondrián."
"Reproducimos a obra de Mondrián."
Na aula damos cor con cera branda a unha plantilla dunha obra de Mondrián.
No hay comentarios:
Publicar un comentario