jueves, 25 de enero de 2018

Arte Galega: Trisquel

Grazas ao deseño 100hex de Camcar imprimimos un molde co que perfilar o noso trisquel. 
Axudámonos de pasta de modelar branca e un paliño.
Unha vez seco démoslle cor con acrílico e esponxa.



miércoles, 24 de enero de 2018

Arte Galega: Torque

Imprimimos en branco o torque que nos acompaña desde setembro para identificar a Historia do noso país:


Dámoslle cor cun acrílico amarelo óxido de ferro.



Forramos un anaco de cartón con papel de seda marrón e pegámolo enriba:



domingo, 21 de enero de 2018

Creando Internivel X: Xogando con Hervé Tullet

Esta semana xogamos a relacionar cores, formas e liñas cos xogos de Hervé Tullet: Un juego e ¡WAUU!



Bestiario de Galicia : Manuel Moldes

Homenaxeamos a Manuel Moldes achegándonos a súa obra, na que identificamos símbolos e paisaxes de Galicia, e traballando coa súa obra "Ao galope"(1983)



Montamos nos seus cabalos, aos que damos cor con témperas flúor e poñemos  lá nas súas crinas:



viernes, 19 de enero de 2018

Bestiario de Galicia: Petroglifo de As Neves

Nunha xuntanza na biblioBN descubrimos os cabalos do petroglifo en As Neves que a vaga de incendios do mes de outubro deixou ao descuberto.


Destacamos as figuras representadas con ceras brandas e rematamos cunha augada de acuarela:




 


miércoles, 17 de enero de 2018

Bestiario de Galicia: Castelao

Tras achegarnos á figura de Castelao e aos seus debuxos de animais, seleccionamos o porco poque no Entroido vai ter un protagonismo moi especial.

Damos un fondo cunha paletina multi-pincel:


e sobre él pegamos as figuras de Castelao impresas en folios de cores.
Aula de 3: