viernes, 13 de diciembre de 2013

A Torre de Peteiro a Tinta

Despóis de visitar a Torre de Hércules, traballamos sobre a imaxe que Jorge Peteiro diseñou para un pin.


Gravamos a Torre con tinta sobre linóleo:








miércoles, 11 de diciembre de 2013

martes, 10 de diciembre de 2013

Recibimos carta do Museo de Belas Artes

Hoxe recibimos unha carta do Museo de Belas Artes de A Coruña, na que nos describían un cadro de Urbano Lugrís.
Despóis de que nos leran a descrición, debuxamos o cadro como o imaxinamos a partir dos datos que recibimos.
Cando cheguemos ao Museo, este xoves, veremos se as nosas impresións se corresponden coa realidade.








Pescando Ideas: Almudena

Hoxe Almudena trouxo a nasa cunhas cunchas de vieira e dous fermosos vídeos que nos falan das profundidades mariñas.







Alá onde vaias,

vai con todo o teu corazón.

Se queres atopar o teu lugar ... pincha aquí

martes, 3 de diciembre de 2013

Preparamos a visita á Torre de Hércules

Mañá visitaremos a Lonxa e a torre de Hércules. Para preparar a visita á lonxa contamos coa axuda do papá de Hugo, a visita á Torre preparámola na aula coñecendo as lendas, as imaxes, a contorna ...

Visitade  AQUÍ a páxina donde nos informamos

Nesta páxina descargamos un PDF para facer a Torre unindo os puntos. Traballamos os números desde o 1 ata o 52 e demos cor con lápis, cera e acuarela.








lunes, 2 de diciembre de 2013

Lecturas Mariñas na biblioBN

O pasado venres, compartimos lecturas mariñas na biblioBN. Ana, Adrián e Natalia, leron para todos nós libros que trouxeron da casa e da biblioteca municipal, de temática mariña.

                                                


Cubierta






Etiquetas para a visita á Lonxa

Hoxe preparamos as etiquetas identificativas par a visita á Lonxa deste mércores. Enchemos  a nosa caixa coa captura dun catálogo comercial.


Tamén preparamos a visita coa axuda do papá de Hugo Rodríguez :

Toda a información na biblioBN


Felicidades Carol !!!