miércoles, 30 de noviembre de 2011

Un Mar de Medusas

                Estas son as Medusas que fixemos recreando a Lugrís.








                                      VER AQUÍ O PROCESO

Desfacendo un feitizo

           "Desfaráse por fin o engado que me ten aquí atrapada 
        (....)
        se esta historia incrible,
        da maneira que mellor saiba
        e polos medios que fosen,
        alguén é quen de contala."

                                      


Esta é a historia do feitizo da serea do cadro de Lugrís que nos conta o libro de Yolanda Castaño. 
Nós , como Lugrís , decidimos debuxala para así desfacer o engado.






          "Así foi que finalmente non houbo quedar sen contar
           a bela historia da serea
           que por fin se puido salvar.
           Pero a esta beira do lenzo
           o tesouro máis valioso
           é que sempre haberá
           quen con cadros,fotos,poemas
           ou facendo música ó cantar,
           de mil fermosas maneiras,outras historias poderá contar."


                                            "Mariña Surrealista" Yolanda Castaño








                 MIRADE AQUÍ PARA VER OS NOSOS DEBUXOS

lunes, 28 de noviembre de 2011

Somos noticia

Hoxe o xornal falaba do blog de Voz Natura do noso cole . Por eso traballamos esta noticia na aula.



                                             PARA SABER MÁIS

domingo, 27 de noviembre de 2011

Máis Fotos

Nas presentacións da preparación da merenda e da festa tedes enlazadas novas fotos. Podedes ver tamén a elaboración dos manteis para as mesas .



Para ver as presentacións completas AQUÍ e AQUÍ

viernes, 25 de noviembre de 2011

Estrea

Hoxe estreamos os fantásticos cabaletes que o Concello trouxo ao novo cole.
Así si que da gusto pintar.


                            

jueves, 24 de noviembre de 2011

Agradecemento

Hoxe , na clase de TICS con Aida , escribímoslle un e-mail a Jose Fernandez para agradecerlle as fotos que nos enviou por correo.



Damos cor a Lugrís

Como xa sabedes estamos a traballar ao pintor Urbano Lugrís , hoxe decidimos darlle cor ao seu logo.






martes, 22 de noviembre de 2011

Preparando a merenda da festa

Hoxe pola mañá estivemos preparando sandwiches e canapés para a festa da tarde.


Festa de Inauguración

Hoxe foi o noso día , as nosas familias e amigos , as profes e os alumnos que por aquí pasaron , os veciños e as concelleiras ,  compartiron con nós a alegría de estar nun cole novo.
Todos xuntos celebramos formar parte dunha auténtica comunidade educativa.

Gracias a todos pola vosa asistencia !!!

lunes, 21 de noviembre de 2011

sábado, 19 de noviembre de 2011

Un Proxecto de Todos

Todos somos parte do proxecto anual de tarballo da escola e por iso é moi importante a vosa aportación.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Cifras e Letras

Seguimos a traballar coas letras dos nosos nomes e os números da lista . Así imos a prendendo a construir as palabras e as cifras que despois atopamos nos catálogos comerciais .
Nos catálogos hai moitos números poque como di  Camilo :" Hai que saber o que valen as cousas"

  

No Souto da Araña


Este conto encadeado axúdanos a aprender o que é un souto , a traballar a oralidade a memoria , a plástica ... e o como grabar as nosas voces aprendendo a usar un programa chamado Audacity no Taller de Linguaxe Oral coa profe Aida.

                                      VER AQUÍ O PROCESO

Poesías do Outono

A biblioteca achegounos unha presentación de poesías do outono e nós xa empezamos a aprendelas e a traballar con elas.

                                                         MIRADE AQUÍ O RESULTADO

lunes, 14 de noviembre de 2011

Bodegón d´outono

COAS COUSAS QUE RECOLLIMOS DURANTE A VISITA Á FRAGA DE SISALDE , REALIZAMOS UNHA COMPOSICIÓN NATURAL E PERSOAL Á QUE DESPOIS LLE PUXEMOS UN TÍTULO.


domingo, 13 de noviembre de 2011

Magosto 2011

O día de San Martiño , nunha data tan significativa como o 11 do 11 do 2011 , celebramos o Magosto.
Comenzamos a festa adornado a escola cos cucuruchos de castañas xigantes e o colorido das cestiñas que fixemos na casa coas nosas familias.
Despois , na biblioteca , escoitamos un conto dun gato moi lambón. E finalmente comimos unhas deliciosas castañas que asaron para nós na panadaría.



sábado, 12 de noviembre de 2011

ComeCastañas

Gracias a todas as nosas familias por axudarnos a crear estes fantásticos recipientes "ComeCastañas".






        Un paseo co punteiro polas fotos permitiravos ver as cestas en detalle.

As castañas do Magosto

Estas son as castañas que preparamos para celebrar a festa do Magosto . Cada un escolleu a castaña que máis lle gustou e despois de pintala , recortámala e aproveitamos o papel do recorte para darlle volume. Pegámoslle un paliño e unhas lás a modo de pelo.
Finalmente fixemos un cucrucho xigante con cartón e o forramos de papel do xornal . Colocamos nel as nosas castañas.







Try our slideshow maker at Animoto.

miércoles, 9 de noviembre de 2011

Preparando o Magosto

PARA QUENTAR MOTORES PARA O MAGOSTO A BIBLIOTECA ACHÉGANOS ACTIVIDADES E RECURSOS . TEMPO DE MAGOSTO



Toma castaña !!!
 

Nota do magosto

         ESTA É A NOTA DO QUE PRECISAMOS PARA FESTEXAR O MAGOSTO.

Visitamos a Biblioteca

Por fin , despois de tanto falar da biblioteca e de ver o seu blog , hoxe visitámola. Aínda que todavia queda moito por facer , gustounos e xa queremos ir outro día para ver os libros e pasar un bo rato.


Somos noticia

Este luns "La Voz de Galicia" recollía a noticia da visita do Seprona á nosa escola.Aproveitamos para traballar este tipo de texto.
Levamos a casa unha nota para que nos axudasen a buscar a noticia no xornal.Así levamos a escola a noticia recortada e tamén impresa da edición dixital. Buscamos a noticia en internet e despois a traballamos . Máis tarde reescribímola coas nosas palabras.

martes, 8 de noviembre de 2011

Xa temos a receita




A NOSA BIBLIOTECA BUSCA RECEITAS DE  " Sopa de Calabaza"  E AQUÍ ESTÁ

A QUE FIXEMOS ENTRE TODOS A PARTIR DA LECTURA DESTE DELICIOSO

CONTO.
               
                                     BO PROVEITO !!!
                                                                                                                         
                                              
 
                               
                      

viernes, 4 de noviembre de 2011

Visita do Seprona


Grazas ao programa Voz Natura hoxe recibimos a visita dun axente do Seprona , aprendimos que a Guardia Civil está para algo máis que poñer multas e que fai unha fantástica labor na defensa e protección do medio ambiente.
Despois de coñecer cal é a súa función xa sabemos a quen debemos chamar e a que número en caso de ver unha agresión medioambiental. 

 

jueves, 3 de noviembre de 2011

Xogo a Ler

ESTE CURSO SEGUIMOS XOGANDO A LER , CUN CADERNO NOVO E MOITAS GANAS DE ENCHELO COS NOSOS TRABALLOS.
PARA COLOCAR OS LIBROS DO PRÉSTAMO ARMAMOS UN EXPOSITOR COAS CAIXAS DA MUDANZA , MIRADE QUE BONITO QUEDOU !



Feliz cumpleaños Claudia !!!