domingo, 24 de febrero de 2013

domingo, 17 de febrero de 2013

Enerxía Eólica

Empezamos a traballar as enerxías renovables dentro do proxecto BTS.
Primeiro coñecemos o que é a enerxía e os distintos tipos a través desta actividade LIM


A Enerxía-Nela Abella

Rexistramos parte do aprendido



Aprendemos sobre a enerxía eólica partindo do traballo da viñeta de Pinto & Chinto 




Palliñas sobre fondo Negro

viernes, 15 de febrero de 2013

De Pingas de Auga ...

No blogue de Voz Natura tedes unha preciosa presentación dun libro impresionante.

Ver Aquí

Tomámoslle a medida ao Sapiens e o Neadertal

Seguindo co traballo que iniciamos onte sobre o Sapiens e o Neandertal , hoxe lles tomamos as medidas para ver cal deles era máis alto. Empregamos as láminas da Enciclopedia Británica que nos facilitan unha escala  para facer a conversión a centímetros.


Unha vez realizada a conversión e sumados os centímetros, comprobamos que o Homo Sapiens era máis alto porque xa andaba totalmente dereito.
Levamos as medidas ao noso panel evolutivo. Temos que usar varios metros para conseguir as medidas necesarias : 170 e 180 cms.



Unha vez colocadas as medidas, completamos a árbore evolutiva coa imaxe do Homo Sapiens . Temos que colocala no máis alto por ser o máis evolucionado.
Despois comprobamos que nos queda un espazo libre polo que debemos investigar que homínido falta.


jueves, 14 de febrero de 2013

Sapiens e Neandertal

Grazas a unha noticia do xornal La voz de Galicia coñecimos que as últimas investigacións indican que o Homo Sapiens e o do Neandertal non chegaron a vivir xuntos en España, xa que este último desaparecera cando chegou o Sapiens.

Buscamos as palabras claves da noticia:



Reescribimos a noticia :



Amor na Biblioteca

VER AQUÍ

domingo, 3 de febrero de 2013

Castro de Baroña

Aprendemos sobre os castros grazas ao póster que aparecía na Voz de Galicia esta semana.
Ante o póster damos as nosas opinións sobre o que vemos.

Despois escribimos a noticia.



Finalmente creamos o noso castro.



Aquí tedes máis imaxes de Baroña.