martes, 31 de mayo de 2011

PREPARANDO A EXPOSICIÓN DE VOZ NATURA

XA EMPEZARON A CHEGAR AS CAIXAS DO PEIXE  "KASSUNGUILÁ"
QUE ESTADES A PREPAR NA CASA PARA A EXPOSICIÓN DE VOZ NATURA.
GRAZAS A TODOS  POLO VOSO FANTÁSICO TRABALLO.

                           

lunes, 30 de mayo de 2011

A GALIÑA...

                                          MIRADE AQUÍ O QUE TRABALLAMOS HOXE.

jueves, 26 de mayo de 2011

MEDIMOS A AUGA

Seguimos a voltas coa Auga , agora queremos saber como medila.Na escola xa medimos moitas cousas co metro , pero a auga non a podemos medir co metro.
-Se caería toda- di Emma
Chegamos á conclusión de que teríamos que metela nun recipiente para poder medila.
Vemos na etiqueta dunha botella que ten 1,5 L, a medida da auga que ten a botella.
Imos ver canto é un LITRO, que según onde o poñamos parece mais ou menos cantidade, aínda que sempre é un litro.

                             

martes, 24 de mayo de 2011

viernes, 20 de mayo de 2011

A VOLTAS COAS LETRAS GALEGAS

Seguimos afondando na figura de Lois Pereiro, coñecendo o lugar do seu nacemento ,traballando as noticias do xornal,buscando datas clave...

                          

ABCD

 Estes días estivemos a buscar a inicial dos nosos nomes neste fantástico libro de Marión Bataille da editorial Kókinos.
                      
                               
                           

jueves, 19 de mayo de 2011

FELICIDADES MIKAELA!!!

HOXE CELEBRAMOS OS 4 ANOS DE MIKAELA ,
QUEN NOS AGASALLOU CUNHA RICA BOLSA
 DE CHUCHES.
FELICIDADES E MOITAS GRAZAS!!

                                                                                                             

miércoles, 18 de mayo de 2011

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

                               
Como xa sabedes nesta semana imos traballar a Lois Pereiro, autor ao que este ano se lle adican as Letras Galegas.
Vos pedimos que trouxérades as novas que durante estes días apareceran no xornal sobre Lois. Con todas elas elaboramos un panel informativo sobre unha caixa de cartón.
Tamén demos moita cor , con marcadores fluorescentes , a un retrato de Lois Pereiro feito por Lupe González.
Con todo estamos vestindo o noso corredor para celebrar esta data tan importante para as nosas letras.


                              

sábado, 14 de mayo de 2011

OS ESTADOS DA AUGA

O mércores levamos para casa unha bolsa para facer xeo botándolle auga da billa eb estado LÍQUIDO. Ao día seguinte levamos a escola o xeo e comprobamos que a auga tamén pode estar dura, en estado SÓLIDO.Tocamos o xeo e o sentimos moi frío .Despois xuntamos todo o xeo que trouxéramos e o colocamos nas carretas a derreter. Parte do xeo o quentamos e vimos que saía un fume que se chama vapor,é o estado GASOSO.

                             

viernes, 13 de mayo de 2011

PEIXE AGULLA DE DÚAS CABEZAS

O día  que visitamos o Acuario apareceu no xornal a noticia do nacemento, neste acuario,  dun peixe agulla de dúas cabezas. Vimos que non era algo raro, traballamos a noticia e moldeamos o noso peixe. 

   
                              

FELICIDADES MARTÍN!!!

 HOXE MARTÍN CELEBROU OS SEUS CATRO ANOS CON TODOS NÓS, AGASALLOUNOS CUNHA SUPER BOLSA DE CHUCHES.
MOITAS GRAZAS E MOITAS FELICIDADES!

                                


                          

miércoles, 11 de mayo de 2011

INSTRUCIÓNS

Como sabedes na escola traballamos no achegamento e coñecemento de todas as tipoloxías textuais, hoxe por primeira vez tivemos diante un texto con instrucións.
Dentro do proxecto "Mollámonos coa Auga" estamos a coñecer os diferentes estados da auga, para coñecer o estado sólido hoxe  levamos a casa unha bolsa para facer cubiños de xeo. Na clase , previamente, vimos a bolsa e aprendimos a ler as instrucións, cada número (do 1 ao 4 ) indica o que temos que facer en cada momento.
Que fácil é si un sigue as instrucións!
Mañá veremos si fixemos unha lectura correcta.



martes, 10 de mayo de 2011

MANCHAS? NON VACAS!!!

ONTE NICOLÁS ,NO SEU LIBRO DE XOGAR A LER, TROUXO FEITA UNHA VACA CON PASTA DE PAPEL.
GUSTOUNOS TANTO QUE LLE PEDIMOS A SÚA MAMÁ QUE VIÑERA Á ESCOLA PARA AXUDARNOS  A FACER AS VACAS DO CONTO DE "MONCHO E A MANCHA".
MOITAS GRAZAS POR ADICARNOS O TEU TEMPO!!!





lunes, 9 de mayo de 2011

jueves, 5 de mayo de 2011

ANIMAIS DO FONDO DO MAR

O MURAL DO FONDO DO MAR SEGUE A MEDRAR COAS APORTACIÓNS DE TODOS.





PEIXE SERRA DE DOUS RABOS

Como sabedes estamos a preparar a visita á "Casa das Peixes" alí atoparemos una escultura de
Jorge Peteiro  que nos indicará que xa chegamos ao acuarium. Esta escultura representa un peixe
serra de dous rabos que según a lenda foi avistado nas augas de A Coruña no ano 946.
Partindo desta imaxen fixemos a etiqueta identificativa que levaremos na saída



miércoles, 4 de mayo de 2011

martes, 3 de mayo de 2011

INVESTIGAMOS OS HABITANTES DO MAR



Coa axuda das nosas familias buscamos os animais que viven nas diferentes zonas mariñas desde a Peláxica ata a Abisal.
Xa na escola pegámolos nun mural que representa o fondo do mar e vemos como as especies van cambiando según baixamos en profundidade.Algúns trouxemos información sobre os animais e tamén as pegamos para compartir a información cos demáis.
Camilo e Carla trouxeron bonecos de animais mariños.
Os animais que viven na zona abisal non non gustan moito, son feos e precisan levar luz propia xa que alí non chega a luz do sol, Está todo oscuro!!!