Traballamos coa escultura "Cabalos do cortexo dos Reis Meigos" procedente da fachada do trascoro da Catedral e que ata o ano 1978, en que foi recuperada, estaba de material de recheo na escalinata do Obradoiro.
Primeiro, debuxamos aos protagonistas que faltan na escultura:
Despois, repasamos as liñas con ceras brandas e damos unha augada de acuarela:
E aquí temos o resultado:
Na aula de tres, perfilamos con marcadores flúor, damos a augada de acuarela e estampamos con esponxa as coroas:
Despois de coñecer a obra de Louis Bourgeois, poñemos a pintar á Araña Robótica. Só temos que controlar que non marche do papel e que colla pintura na paleta. A araña vai deixando as pegadas de pintura: