Hoxe o baúl trouxo un libro de lendas e preguntámonos que é unha lenda? e Adrián dixo que "era algo moi antigo, de hai moito tempo, doutro século..."
Con esta información abordamos a lectura deste fermoso libro : "Leyendas del Mar" publicado polo Aquarium Finisterrae.
Empezamos pola última : "Por que o mar é salgado?".
A lenda é moi fermosa pero cremos que esa non é a realidade. Intuimos que as lendas teñen unha parte de ficción que foi pasando duns a outros e que servían para explicar aquelas cousas que non se podían demostrar.
Hoxe en día xa temos unha explicación científica para a salinidade do mar
Ler Aquí |
No hay comentarios:
Publicar un comentario