domingo, 30 de enero de 2011

sábado, 29 de enero de 2011

Entramos todos no autobús?

Hoxe imos celebrar o día da Paz na EEI de Vilarrodís e
precisamos un bus para ir .A empresa manda un de 40
plazas , entraremos nel?. Imos calculalo.


Finalmente resolvimos o problema , todos entramos no bus e aínda sobraron 5 plazas.

Flota ou afunde 2


As cousas flotan igual na auga doce que na salgada?
Comprobamos que non é así, por eso sempre é máis fácil nadar na auga do mar que na da piscina.

miércoles, 26 de enero de 2011

Día Mundial da Educación Medioambiental



Hoxe día 26 de xaneiro celebramos o "Día Mundial da Educación Medioambiental" que nós practicamos a diario dentro do programa Voz Natura.
Para celebralo elaboramos un cartel conmemorativo, fixemos a plantación das patacas e colocamos os carteis do plantado no horto ata o momento.
Feliz día da Educación Medioambiental a todos!

viernes, 21 de enero de 2011

Biblioteca de Plástico




No cole novo non temos moito espazo para expoñer os libros e que estén visibles e accesibles para os nenos e nenas. Solucionamos este problema creando unha biblioteca co plástico de forrar os libros, colgámola da parede con velcro.


Xogar a Ler


Empezamos a actividade "Xogar a Ler" que facemos todos os fins de semana coas nosas familias na casa. Levamos un libro que nos len e no caderno recollemos o título, os autores, decimos si nos gustou ou non e debuxamos algo sobre o lido. O luns compartimos cos compañeiros as experiencias da lectura.