O luns explicamos aos compañeiros o traballo, que fixemos na fin de semana, co Xogo a Ler. Este curso temos máis cousas que buscar e completar.
martes, 30 de octubre de 2012
MUCHO DINERO EN PASTORIZA
Este é o titular, que decidimos entre todos, co que encabezamos a rescritura dunha noticia que falaba do noso lugar.
Tras buscar no xornal as palabras clave, escribimos o titular e o pé de foto consensuado. Despois, individualmente, ilustramos e escribimos.
Etiquetas:
xornal
Ubicación:
Arteixo, A Coruña, España
QUE MEDO DE CONTOS !
Recibimos a invitación da BiblioBN para ver a exposición Que Medo de Contos ! . Despois de pasar un rato de terrorífica lectura escoitamos a poesía El Miedo ,que traballamos na aula.
Etiquetas:
Biblioteca,
poesía
Ubicación:
Arteixo, A Coruña, España
sábado, 27 de octubre de 2012
Xogo a Ler
Este venres empezamos co préstamo para a casa do Xogo a Ler . Estrenamos cadernos nos que teremos que aportar máis datos sobre os libros que escollimos e rexistramos na aula.
Queremos agradecer, un ano máis, á Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia o envío das bolsas de préstamo.
Etiquetas:
Biblioteca,
escribir,
ler
Ubicación:
Arteixo, A Coruña, España
viernes, 26 de octubre de 2012
Mapa da Prehistoria
Hoxe coñecimos outro tipo de mapas : os mapas históricos. Na clase temos un mapa da prehistoria europea con fotos e un montón de símbolos que iremos interpretando pouco a pouco e que de seguro nos axudarán a coñecer máis desta época.
Etiquetas:
Prehistoria
Ubicación:
Arteixo, A Coruña, España
Máis Mamuts
Seguimos a traballar cos Mamuts do Bestiario. Hoxe fixémolo con lápis de carboncillo e difuminamos con algodón.
Etiquetas:
Arte,
Prehistoria
Ubicación:
Arteixo, A Coruña, España
jueves, 25 de octubre de 2012
Pegadas Prehistóricas
Aparición na escola de pegadas, que nos levaron ata a BiblioBN, e que algúns recoñeceron como de Mamut.
Alí atopamos o Bestiario de la Prehistoria que tiña na portada un mamut ao que despois demos cor cun lápis sanguina.
Etiquetas:
Arte,
Investigar,
Prehistoria
Ubicación:
Arteixo, Galicia, España
miércoles, 24 de octubre de 2012
Pulverizando con ARTE
Partindo da idea dun libro de Eric Carle , decidimos facer Arte empregando pulverizadores con témpera aguada.
Sobre un folio colocamos un anaco de papel, pulverizamos, deixamos secar, quitamos o papel deixando o vacío e pegámolo nun folio para debuxar a partir del.
Ubicación:
Arteixo, Galicia, España
Para nós a BiblioBN é ...
Hoxe, Día da Biblioteca, debuxamos e escribimos o que para nós significa a nosa Biblioteca.
Etiquetas:
Biblioteca
Ubicación:
Arteixo, Galicia, España
lunes, 22 de octubre de 2012
Anterior e Posterior
Hoxe estivemos a traballar o anterior e posterior cos nosos números de lista. Primeiro debuxamos e decoramos os números e despois xogamos todos e completamos a planilla.
Etiquetas:
Matemáticas
Ubicación:
Arteixo, Galicia, España
sábado, 20 de octubre de 2012
Así Facían Lume ...
... nos tempos da Prehistoria, tal como Aroa simulou grazas aos instrumentos que o seu papá lle preparou.
Etiquetas:
Investigar,
Prehistoria
Ubicación:
Arteixo, Galicia, España
Martín Informa
Etiquetas:
Investigar,
Prehistoria
Ubicación:
Arteixo, Galicia, España
miércoles, 17 de octubre de 2012
Érase una vez el hombre
Aquí tedes o episodio de Érase una vez el hombre que hoxe vimos na BiblioBN.
Etiquetas:
Biblioteca,
Investigar,
Prehistoria
Ubicación:
Arteixo, Galicia, España
EXPERTOS EN PREHISTORIA
Chegan as primeiras informacións familiares sobre o proxecto.
Claudia buscou información con mamá en internet e Camilo foi á Biblioteca Municipal e pediulle á bibliotecaria libros que falaran da Prehistoria. Os dous compartiron con todos as cousas que averiguaron en familia.
Despois subimos á BiblioBN para ver os episodios de Érase una vez el hombre que facían referencia ao que nos contou Camilo.
Etiquetas:
Biblioteca,
Investigar,
Prehistoria
Ubicación:
Arteixo, Galicia, España
sábado, 13 de octubre de 2012
Un Neno da Prehistoria
Este é o título do conto que escoitamos o venres na BiblioBN. E aquí tedes as ideas que sacamos da historia de Pedro, un neno do Neolítico, hai moitíiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiisimo tempo.
Etiquetas:
Biblioteca,
Investigar,
Prehistoria
Ubicación:
Arteixo, Galicia, España
viernes, 12 de octubre de 2012
jueves, 11 de octubre de 2012
Recta Numérica
Repartimos os números ata o 30 e , entre todos , ordenámolos formando unha recta numérica. despois rexistrámolos diferenciando as decenas das unidades.
Etiquetas:
Matemáticas
Ubicación:
Arteixo, Galicia, España
lunes, 8 de octubre de 2012
O SIGNIFICADO DAS PALABRAS
Queremos coñecer o significado da palabra PREHISTORIA. Como facelo? Onde buscamos?
_En Internet !!!
Nalgún outro sitio?
_Nun libro
En que sitio do cole podemos buscar?
_Na BiblioBN
Subimos á biblio e buscamos libros gordos que teñas moitas palabras, os DICCIONARIOS.
Como o que ten a irmán de Sara na casa para estudiar.
Alí vemos moitísimas palabras acompañadas da súa explicación.
Buscamos o significado de Prehistoria.
Despois buscamos en internet, na Wikipedia, e vemos que os significados coinciden.
Así sabemos que a Prehistoria é o tempo que vai antes de que os homes empezaran a escribir.
Así sabemos que a Prehistoria é o tempo que vai antes de que os homes empezaran a escribir.
Rexistramos o buscado.
Etiquetas:
Biblioteca,
Investigar,
ler
Ubicación:
Arteixo, Galicia, España
EL TIBURÓN VOLADOR
Este é o título que escollimos ao escribir, entre todos, a historia que contaba a curta Big Catch, que podedes ver no post anterior.
Cando vimos esta imaxe, antes do visionado da curta, anticipamos que a historia falaba dun tiburón que quería comer ao señor. Este non se entera porque está pescando e escoitando musica.
Este é o texto que escribimos entre todos.
Ubicación:
Arteixo, Galicia, España
domingo, 7 de octubre de 2012
Big Catch
VÍA Trafegando Ronseis
Ubicación:
Arteixo, Galicia, España
viernes, 5 de octubre de 2012
Barro... A Toda Cor
Pintamos unha cartolina con barro batido e cando seca debuxamos sobre él con ceras brandas.
Etiquetas:
Arte,
Prehistoria
Ubicación:
Arteixo, Galicia, España
CarbónARTE
Hoxe pintamos con carbón vexetal, como farían nos tempos prehistóricos, cando non había as pinturas tal e como nós as coñecemos.
Que é iso do Carbón Vexetal ?
É fácil de adiviñar ao ver un dos anacos que mostra os aneis dun tronco de árbore. Supoñemos , así, que o carbón ven dos restos de madeira queimada.
Para que todo resulte moi natural, pintamos co carbón sobre papel reciclado.
Etiquetas:
Arte,
Investigar,
Prehistoria,
Reciclar
Ubicación:
Arteixo, Galicia, España
jueves, 4 de octubre de 2012
miércoles, 3 de octubre de 2012
martes, 2 de octubre de 2012
Dedos ... Año ... Uno
Qué relación hai entre estas tres palabras., nós soubémolo antes de ler o libro. E ti ... ?
Si queres sabelo ...
![]() |
PINCHA AQUÍ |
Ubicación:
Arteixo, Galicia, España
Suscribirse a:
Entradas (Atom)