Estas son as Medusas que fixemos recreando a Lugrís.
VER AQUÍ O PROCESO
miércoles, 30 de noviembre de 2011
Desfacendo un feitizo
"Desfaráse por fin o engado que me ten aquí atrapada
(....)
se esta historia incrible,
da maneira que mellor saiba
e polos medios que fosen,
alguén é quen de contala."

Esta é a historia do feitizo da serea do cadro de Lugrís que nos conta o libro de Yolanda Castaño.
Nós , como Lugrís , decidimos debuxala para así desfacer o engado.
"Así foi que finalmente non houbo quedar sen contar
a bela historia da serea
que por fin se puido salvar.
Pero a esta beira do lenzo
o tesouro máis valioso
é que sempre haberá
quen con cadros,fotos,poemas
ou facendo música ó cantar,
de mil fermosas maneiras,outras historias poderá contar."
"Mariña Surrealista" Yolanda Castaño
MIRADE AQUÍ PARA VER OS NOSOS DEBUXOS
(....)
se esta historia incrible,
da maneira que mellor saiba
e polos medios que fosen,
alguén é quen de contala."

Esta é a historia do feitizo da serea do cadro de Lugrís que nos conta o libro de Yolanda Castaño.
Nós , como Lugrís , decidimos debuxala para así desfacer o engado.
"Así foi que finalmente non houbo quedar sen contar
a bela historia da serea
que por fin se puido salvar.
Pero a esta beira do lenzo
o tesouro máis valioso
é que sempre haberá
quen con cadros,fotos,poemas
ou facendo música ó cantar,
de mil fermosas maneiras,outras historias poderá contar."
"Mariña Surrealista" Yolanda Castaño
MIRADE AQUÍ PARA VER OS NOSOS DEBUXOS
Ubicación:
Arteixo, España
martes, 29 de noviembre de 2011
Super Chicle
Nota
lunes, 28 de noviembre de 2011
Somos noticia
Hoxe o xornal falaba do blog de Voz Natura do noso cole . Por eso traballamos esta noticia na aula.
PARA SABER MÁIS
PARA SABER MÁIS
domingo, 27 de noviembre de 2011
Máis Fotos
viernes, 25 de noviembre de 2011
Estrea
Hoxe estreamos os fantásticos cabaletes que o Concello trouxo ao novo cole.
Así si que da gusto pintar.
Así si que da gusto pintar.
jueves, 24 de noviembre de 2011
Agradecemento
Hoxe , na clase de TICS con Aida , escribímoslle un e-mail a Jose Fernandez para agradecerlle as fotos que nos enviou por correo.
Damos cor a Lugrís
Como xa sabedes estamos a traballar ao pintor Urbano Lugrís , hoxe decidimos darlle cor ao seu logo.
martes, 22 de noviembre de 2011
Preparando a merenda da festa
Hoxe pola mañá estivemos preparando sandwiches e canapés para a festa da tarde.
Festa de Inauguración
Hoxe foi o noso día , as nosas familias e amigos , as profes e os alumnos que por aquí pasaron , os veciños e as concelleiras , compartiron con nós a alegría de estar nun cole novo.
Todos xuntos celebramos formar parte dunha auténtica comunidade educativa.
Gracias a todos pola vosa asistencia !!!
lunes, 21 de noviembre de 2011
Un Encontro de Foto
Hoxe recibimos a visita do padriño de Icía , para contarnos moitas cousas da súa profesión.

Etiquetas:
Biblioteca,
TICS
Ubicación:
Arteixo, España
domingo, 20 de noviembre de 2011
sábado, 19 de noviembre de 2011
Un Proxecto de Todos
Todos somos parte do proxecto anual de tarballo da escola e por iso é moi importante a vosa aportación.
Ubicación:
Arteixo, España
jueves, 17 de noviembre de 2011
miércoles, 16 de noviembre de 2011
Cifras e Letras
Seguimos a traballar coas letras dos nosos nomes e os números da lista . Así imos a prendendo a construir as palabras e as cifras que despois atopamos nos catálogos comerciais .
Nos catálogos hai moitos números poque como di Camilo :" Hai que saber o que valen as cousas"
Etiquetas:
escribir,
Matemáticas
Ubicación:
Arteixo, España
No Souto da Araña
VER AQUÍ O PROCESO
Ubicación:
Arteixo, España
Poesías do Outono
A biblioteca achegounos unha presentación de poesías do outono e nós xa empezamos a aprendelas e a traballar con elas.
MIRADE AQUÍ O RESULTADO
MIRADE AQUÍ O RESULTADO
Etiquetas:
Biblioteca,
Bosques,
poesía
Ubicación:
Arteixo, España
lunes, 14 de noviembre de 2011
Bodegón d´outono
COAS COUSAS QUE RECOLLIMOS DURANTE A VISITA Á FRAGA DE SISALDE , REALIZAMOS UNHA COMPOSICIÓN NATURAL E PERSOAL Á QUE DESPOIS LLE PUXEMOS UN TÍTULO.
Ubicación:
Arteixo, España
domingo, 13 de noviembre de 2011
Magosto 2011
O día de San Martiño , nunha data tan significativa como o 11 do 11 do 2011 , celebramos o Magosto.
Comenzamos a festa adornado a escola cos cucuruchos de castañas xigantes e o colorido das cestiñas que fixemos na casa coas nosas familias.
Despois , na biblioteca , escoitamos un conto dun gato moi lambón. E finalmente comimos unhas deliciosas castañas que asaron para nós na panadaría.
Etiquetas:
Biblioteca,
Magosto
Ubicación:
Arteixo, España
sábado, 12 de noviembre de 2011
ComeCastañas
Gracias a todas as nosas familias por axudarnos a crear estes fantásticos recipientes "ComeCastañas".
Un paseo co punteiro polas fotos permitiravos ver as cestas en detalle.
Ubicación:
Arteixo, España
As castañas do Magosto
Estas son as castañas que preparamos para celebrar a festa do Magosto . Cada un escolleu a castaña que máis lle gustou e despois de pintala , recortámala e aproveitamos o papel do recorte para darlle volume. Pegámoslle un paliño e unhas lás a modo de pelo.
Finalmente fixemos un cucrucho xigante con cartón e o forramos de papel do xornal . Colocamos nel as nosas castañas.
Try our slideshow maker at Animoto.
Ubicación:
Arteixo, España
miércoles, 9 de noviembre de 2011
Preparando o Magosto
PARA QUENTAR MOTORES PARA O MAGOSTO A BIBLIOTECA ACHÉGANOS ACTIVIDADES E RECURSOS . TEMPO DE MAGOSTO
![]() |
Toma castaña !!! |
Etiquetas:
Biblioteca,
Magosto
Ubicación:
Arteixo, España
Visitamos a Biblioteca
Por fin , despois de tanto falar da biblioteca e de ver o seu blog , hoxe visitámola. Aínda que todavia queda moito por facer , gustounos e xa queremos ir outro día para ver os libros e pasar un bo rato.
Etiquetas:
Biblioteca
Ubicación:
Arteixo, España
Somos noticia
Este luns "La Voz de Galicia" recollía a noticia da visita do Seprona á nosa escola.Aproveitamos para traballar este tipo de texto.
Levamos a casa unha nota para que nos axudasen a buscar a noticia no xornal.Así levamos a escola a noticia recortada e tamén impresa da edición dixital. Buscamos a noticia en internet e despois a traballamos . Máis tarde reescribímola coas nosas palabras.
Ubicación:
Arteixo, España
martes, 8 de noviembre de 2011
Xa temos a receita
A QUE FIXEMOS ENTRE TODOS A PARTIR DA LECTURA DESTE DELICIOSO
CONTO.
BO PROVEITO !!!
Etiquetas:
Biblioteca,
Bosques,
Samaín
Ubicación:
Arteixo, España
viernes, 4 de noviembre de 2011
Visita do Seprona
Grazas ao programa Voz Natura hoxe recibimos a visita dun axente do Seprona , aprendimos que a Guardia Civil está para algo máis que poñer multas e que fai unha fantástica labor na defensa e protección do medio ambiente.
Despois de coñecer cal é a súa función xa sabemos a quen debemos chamar e a que número en caso de ver unha agresión medioambiental.
Etiquetas:
Bosques,
Investigar
Ubicación:
Arteixo, España
jueves, 3 de noviembre de 2011
Xogo a Ler
ESTE CURSO SEGUIMOS XOGANDO A LER , CUN CADERNO NOVO E MOITAS GANAS DE ENCHELO COS NOSOS TRABALLOS.
PARA COLOCAR OS LIBROS DO PRÉSTAMO ARMAMOS UN EXPOSITOR COAS CAIXAS DA MUDANZA , MIRADE QUE BONITO QUEDOU !
Etiquetas:
Biblioteca,
escribir,
ler
Ubicación:
Arteixo, España
Suscribirse a:
Entradas (Atom)