domingo, 29 de mayo de 2016

Arte Olímpico: Varvara Stepanova

      

Aula de 5 anos:

Escollemos un dos deseños da artista rusa e dámoslle cor cos marcadores fluorescentes, completamos con gomets e rematamos colocando a nosa foto e a de dous amigos:






sábado, 21 de mayo de 2016

A Noite dos Museos

Os Nosos Xogos - Barrionovo 2016: Lanzamento de Boina


O Xogo tradicional deste mes recolle unha disciplina moi particular da nosa parroquia: O Lanzamento de Boina.



Tras a demostración de Dani, papá de Kevin e iKer, practicamos no "boinódromo" de Barrionovo:

Equipo boinístico da aula de 3:



Lanzamento de boina ao estilo fácil e ao difícil:


Equipo boinístico da aula de 4:




Equipo boinístico da aula de 5:





Rapto de Europa na Aula de 5

Traballamos O Rapto de Europa creando un mar de acuarela sobre papel propio desta técnica, despois pegamos con cinta de carrocero a versión de Matisse:





miércoles, 18 de mayo de 2016

Terra Chá en Flúor

Dedicamos o taller de arte desta semana a homenaxear a Manuel María.
Damos cor a unha das súas portadas máis emblemáticas:






martes, 17 de mayo de 2016

Arte no FESTILETRAS

Xornada de arte galego no Festiletras 2016.


Taller artístico-festivo co alumnado de infantil do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso
Homenaxeamos o cadro de Fernando Álvarez de Sotomayor :

Comida de voda en Bergantiños

Primeiro levamos aos noivos cara á comida:



Despois montamos a mesa para celebrar o convite:




Foi un pracer compartir esta xornada con estes magníficos nenos e nenas e os seus estupendos mestres.

domingo, 15 de mayo de 2016

sábado, 14 de mayo de 2016

O Rapto de Europa

Para conmemora o Día de Europa, xuntámonos na biblioBN para coñecer o mito do rapto de Europa. A través dunha presentación coñecemos a lenda e a súa representación artística, en distintos soportes, ao longo da historia:

         

Despois creamos un fondo mariño para colocar a imaxe impresa en acetato da representación do rapto por Matisse:


Na aula de 3 creamos o fondo mariño con acrílicos sobre lenzo:


Algúns engadiron a escuma imprimindo con puntilla:


Despois colocamos o acetato con cinta de carrocero:



Na aula de 4 fixeron o mar con tiras de papel de seda:




Na aula de cinco creamos un mar de acuarela sobre o que colocamos o acetato:






jueves, 5 de mayo de 2016

miércoles, 4 de mayo de 2016

Rama de Primavera

Agora que todo está en flor, creamos a nosa rama de primavera cunhas ramas secas e boliñas de algodón de cores:


lunes, 2 de mayo de 2016

Don Quixote na aula de 3 anos

Para celebrar o Día do Libro, na aula de 3 recreamos a loita de Don Quixote contra os muíños.
Facemos os muíños cunha pincelada de purpurina en xel. Unha vez seco trazamos as aspas, debuxamos o sol e pegamos as figuras do Quixote e Sancho de Picasso.