miércoles, 28 de mayo de 2014

Odisea : Escila e Caribdis

Tras superar a Illa das Sereas, Ulises e os seus homes teñen que atravesar o estreito de Mesina. Nel dous monstros mariños fan imposible o paso. Nunha beira Escila, metade muller, metade serpe mariña de cuxa cintura saían seis cans. Noutra beira Caribdis, remuíño que tragaba todos os barcos que se achegaban.
Como sempre, Ulises consigue pasar.











lunes, 26 de mayo de 2014

Somos Noticia : Mellor blogue Voz Natura

Hoxe a noticia do xornal a traballar pasa pola nosa escola e o recoñecemento ao noso blogue de Voz Natura : Arteixo é Mar 



Os Maios

Despois de ver este domingo o Concurso de Maios, traballamos o texto dun Maio da Mariña buscando as palabras e clave e ilustramos con algúns dos Maios que vimos.




jueves, 22 de mayo de 2014

Odisea : As Sereas

Antes de partir, Ulises é advertido por Circe do perigo do canto das Sereas que fai que os homes acaben afogando no mar.


Os homes de Ulises tapan os oídos con cera e él átase ao mastro do barco e lle pide aos seus homes que aínda que lles suplique non o liberen. Así logran saír todos vivos do seu paso pola Illa das Sereas.
Aprendemos que as Sereas da Odisea son seres alados e non mariños.





Penélope : Xosé María Díaz Castro



miércoles, 21 de mayo de 2014

Letras galegas : Penélope

Hoxe, coa axuda de Aida, estivemos a gravar un stop motion inspirado no poema de Xosé María Díaz Castro que leva o nome da heroína da Odisea.





martes, 20 de mayo de 2014

Odisea : Circe

Continúamos ruta :


Escapando da illa dos Cíclopes, Ulises chega a illa de Eolo, deus dos ventos, alí reciben os ventos gardados pero un dos homes de Ulises os destapa e os barcos saen voando sen control.


Tras pelexar cos Lestregones no seu país, chegan a illa da ninfa Circe. Esta se enamora de Ulises e o mantén cautivo durante un ano. Convierte aos homes de Ulises en porcos e pasado un ano decide liberalos ao ver que Ulises só quere a Penélope.









lunes, 19 de mayo de 2014

A praia de Sabón recibe a bandeira azul

Coincidindo coa visita á praia de Sabón coñecemos polo xornal que acaba de recibir a bandeira azul.
Buscamos os datos da noticia en dous xornais. Traballamos as dúas cabeceiras, buscando a páxina, sección, data e xornal.
Buscamos as palabras clave no titular e os datos do noso concello na infografía.
La Opinión:


La Voz de Galicia:




Traballando a saída á praia de Sabón

Hoxe rexistramos todo o que aprendimos grazas ás explicacións de Óscar na visita á praia de Sabón.





jueves, 15 de mayo de 2014

Así xurdiron os océanos

Odisea : Polifemo

Xa recuperada a memoria, Ulises e os seus homes chegan á Illa dos Cíclopes.


Alí son capturados polo cíclope Polifemo, fillo de Poseidón. Logran escapar deixando cego a Polifemo e camuflandose entre o seu rebaño de ovellas.








miércoles, 14 de mayo de 2014

Disparate

Ver Aquí

Odisea : Lotófagos

Empezamos a navegación partindo de Troia, cunha pequena parada de rapiña no país dos Cikones, e chegando á terra dos Lotófagos (comedores da flor de Loto) da que Ulises tivo que sacar aos seus homes á forza tras comer estas flores que lles fixeron perder a memoria.
Marcamos esta primeira ruta no mapa:


Ilustramos e escribimos esta primeira aventura:












Un poeta nas nubes

Traballamos o artigo que aparece na Voz de la Escuela de hoxe arredor da figura de Xosé María Díaz Castro.


martes, 13 de mayo de 2014

Odisea : Mares

Hoxe buscamos no mapa os Mares polos que transcurre a Odisea. A viaxe ente Ítaca, o reino de Ulises, e Troya.




Localizámolos no noso mapa e nomeamos os dous lugares de referencia.